eu:
Observador, curioso.
Son dúas palabras que creo que poden achegarse as características da miña persoa.
Nas horas laborais(a) son Deseñador Gráfico, o resto de tempo adícollo as miñas paixóns, unha de elas a moda e a tipografía, que como todo é un constante aprendizaxe, de aí o de observador.
Estamos rodeados de letras e xente vestida, e de todas se pode aprender algo.
No rato que non estou traballando, estou na clase a piques de rematar os estudos de deseño gráfico(b).
O tempo que resta intento desfrutar o máximo posible de todo o que fago.
(a)
Deseñador Gráfico en Eduardo Souto shop online (2022-actualidade)
(b)
Estudos Superiores de Deseño Gráfico. EASD Ramón Falcón (2019 - actualidade)
O que fixen antes foi traballar en comercio 10 anos, aventuras de voluntario por sudamérica, e estudar algunha cousiña. Con moito gusto afondo máis en estes temas nunha conversa.
